O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita
Obxecto: productos non perecedoiros.
Orzamento: 18.108.550 ptas.
Garantía provisional: 362.171 ptas.
Lote 1: espárragos, olivas, alcachofas, atún, champiñóns.
Orzamento: 3.540.800 ptas.
Garantía provisional: 70.816 ptas.
Lote 2: macedonia, melocotón, piña e pera en xarope.
Orzamento: 1.283.050 ptas.
Garantía provisional: 25.661 ptas.
Lote 3: fideos, macarróns, ñoques, espaguetes e estreliñas.
Orzamento: 290.000 ptas.
Garantía provisional: 5.800 ptas.
Lote 4: galletas.
Orzamento: 2.100.000 ptas.
Garantía provisional: 42.000 ptas.
Lote 5: azucre paquete e sobre (kg).
Orzamento: 1.889.500 ptas.
Garantía provisional: 37.790 ptas.
Lote 6: sal fino iodado, vinagre, maionesa, marmelo e ochicoria.
Orzamento: 897.200 ptas.
Garantía provisional: 17.944 ptas.
Lote 7: crema améndoa.
Orzamento: 1.008.000 ptas.
Garantía provisional: 20.160 ptas.
Lote 8: guindas vermellas.
Orzamento: 105.000 ptas.
Garantía provisional: 2.100 ptas.
Lote 9: marmelada de albaricoque, de melocotón, de amorodo, etc.
Orzamento: 3.529.000 ptas.
Garantía provisional: 70.580 ptas.
Lote 10: zume laranxa e melocotón.
Orzamento: 3.214.000 ptas.
Garantía provisional: 64.280 ptas.
Lote 11: macela, té e tila en sobre.
Orzamento: 252.000 ptas.
Garantía provisional: 5.040 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. (Tramitación anticipada).
II. Prazo de entrega: segundo anexo II (calendario de entregas).
III. Admisión de variantes: admítese ata 1 variante.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural
contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 21 de novembro de 1997
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña
9610

