Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Cocarga, S.L., no concello da Estrada, provincia de Pontevedra. (Expediente 96/363-4).

Visto o escrito presentado pola empresa Cocarga, S.L., con enderezo a efectos de notificacións en Penerada, A Estrada, Pontevedra, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 23 de setembro de 1996, a referida empresa, titular dunha planta de fabricación de derivados de madeira, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real Decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría do concello da Estrada (Pontevedra). Acompaña a dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4 do citado R.d. 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dous grupos motor-xerador de 1.200 kVA cada un.

-Sistemas auxiliares de recuperación de calor e de almacenamento de combustible cun depósito de 75.000 litros cada un.

-Instalacións de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó

presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra dictou resolución do 27 de xaneiro de 1997 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia que se publicou no DOG do 20-3-1997 e no BOP de Pontevedra do 25-3-1997, sin que se presentase no periodo legalmente establecido para iso alegación algunha.

Terceiro.-Por Resolución do 11 de decembro de 1996, esta dirección xeral de industria recoñeceu á citada planta de coxeración a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.d. 2366/1994, incluindoa no grupo d) do artigo 2 do dito Real decreto.

Cuarto.-A solicitude obxeto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de Autonomía de Galicia, no Real Decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos Decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real Decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente instruido ó efecto cumplíronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuidas,

RESOLVE:

1º. Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á ºempresa Cocarga, S.L., a situar nas instalacións da factoría que dita empresa ten na Estrada (Pontevedra).

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa notificación ou publicación.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8909