Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 14/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 14 de novembro de 1997 adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente a modificación puntual do plan xeral de modificación urbana nas zonas 5 e 6 do sector urbano 4, rúa Algaria por pedimento do Concello de Ourense.

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na praza Maior nº 1 para que de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sometelo á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Ourense, 24 de novembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde