Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.
Denominación: centro de transformación de Vilapene.
Situación: Cospeito.
Descricións técnicas: centro de transformación intemperie de 25 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica, para mellora do servicio eléctrico en Vilapene, concello de Cospeito.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 6 de novembro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9743

