Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de novembro de 1997, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-1-CD/79, conta 75 e oito máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula III/IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

No caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 26 de novembro de 1997.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Ricardo José Senín Cabo e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 DP-D 19/97.

Conta: 75.

O Birloque, Blo. 2, P-2, 9º A (A Coruña).

Importe débeda: 995.111 ptas.

-Francisco Seoane Nogueira e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 DP-D 22/97.

Conta: 141.

O Birloque, Blo. 4, P-4, 5º C (A Coruña).

Importe débeda: 1.428.457 ptas.

-Pilar Jiménez Borja e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 DP-D 24/97.

Conta: 199.

O Birloque, Blo. 6, P-6, baixo A (A Coruña).

Importe débeda: 1.528.737 ptas.

-Pedro Cedrón Bello e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 DP-D 25/97.

Conta: 205.

O Birloque, Blo. 6, P-6, 2º A (A Coruña).

Importe débeda: 1.680.954 ptas.

-Faustino Chans Costas e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 DP-D 26/97.

Conta: 207.

O Birloque, Blo. 6, P-6, 2º C (A Coruña).

Importe débeda: 1.504.846 ptas.

-Fernando Neira Crespo e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 DP-D 30/97.

Conta: 222.

O Birloque, Blo. 6, P-6, 6º B (A Coruña).

Importe débeda: 1.986.222 ptas.

-Jaime Luaces Sánchez e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 DP-D 34/97.

Conta: 373.

O Birloque, Blo. 10, P-10, 4º A (A Coruña).

Importe débeda: 1.446.531 ptas.

-Rosa Mª Gómez Patiño e herdeiros.

Expediente: C-1-CD/79 DP-D 36/97.

Conta: 394.

O Birloque, Blo. 10, P-10, 9º B (A Coruña).

Importe débeda: 1.617.441 ptas.

-Gerardo Pájaro Castelao e herdeiros.

Expediente: C-3-IV/75 DP-D 73/97.

Conta: 15.

Polígono de Vite, Blo. 4-4º Dta. (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.894.737 ptas.

9793