De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa mencionada a continuacion (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador nº 36/63/97, por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificacion, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a
proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
-Expediente: 36/63/97.
Inculpado: Juan Marcos Vigo Fernández (Kadox Moda).
Enderezo: r/ Arzobispo Andrade, 2, 36600 Vilagarcía de Arousa.
Motivos: irregularidades en materia de defensa do consumidor.
Data de iniciación: 19-11-1997.
Pontevedra, 28 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial do Instituto Galego
de Consumo
9812

