Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibi-las notificacións polas personas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:
Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0315-95-0008142490 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no artigo 20 do R.D. 1684/1995, do 20 de decembro (BOE nº 3, do 3-1-1991), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RGR), modificado a través do R.D. 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº 74, do 28-3-1995).
Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RGR, esixiránse os correspondentes xuros de demora, segundo o artigo 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG nº 200, do 14-10-1992), de réxime financeiro e presupostario de Galicia.
Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, comezarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderá interporse no prazo de 15 días, a partir do seguinte ó desta notificación, recurso de reposición ante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.
Para que conste, lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.
Suxeito pasivo: Marina Correa García.
DNI/NIF: CF685424.
Concepto: factura 9700354.
Período: 25-2-1997.
Débeda: 23.000 ptas.
Burela, 26 de novembro de 1997.
Fernando Varela Noreña
Director do Hospital da Costa de Burela (Lugo)
10231

