Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 93

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 27 de decembro de 1997, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o proxecto de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña, coas seguintes puntualizacións:

1. Deberá sinalarse nas inmediacións de Nostián o ámbito da situación do sistema xeral de valorización de residuos sólidos.

2. Modifícase o uso de solo urbanizable S-7, que será mixto, residencial-recinto ferial, no lugar residencial soamente.

3. Incorpóranse as correccións derivadas do informe da Dirección Xeral de Estradas que se sinalan no documento anexo.

4. Incorpóranse as correccións sinaladas no informe da Dirección Xeral de Costas, especificando que a zona de dominio público marítimo-terrestre do Monte de San Pedro non foi incorporada para os efectos de cómputo de aproveitamento, e modifícase o ámbito da área de reparto do APR-I 13-01, nas

inmediacións da Ponte do Pasaxe, para os efectos sinalados no citado informe.

5. Substituí-lo polígono H 3-06 por unha área de planeamento incorporado, toda vez que se encontra en desenvolvemento a súa xestión, para a zona dos Pelamios.

6. Substituí-los sectores do solo urbanizable en réxime transitorio, en Ponte da Pedra e Vío, por dous novos sectores de solo urbanizable.

b) Somete-lo expediente a información pública por período dun mes.

c) Conforme o artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento do que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, para estes efectos determínanse as áreas seguintes que quedan afectadas pola suspensión:

En solo urbano:

1. Ámbito das áreas de planeamento específico (APE) incluída a correspondente ó Plan Especial de Protecciónd a Cidade Vella e Pescadeira.

2. Ámbito das áreas de planeamento remitido (APR).

3. Ámbito dos polígonos (POL).

4. En todas aquelas áreas de transformación correspondentes á norma zonal 7 na que o plan xeral remite a un planemaneto de desenvolvemento.

5. Ámbito do solo urbano de núcleo.

En solo de núcleo rural: na súa totalidade.

En solo urbanizable: na súa totalidade.

En solo rústico: na súa totalidade, coas únicas excepción seguintes:

-Ámbito do solo do sistema xeral relativo á planta de valorización de residuos sólidos urbanos, na zona de Nostián.

-Ámbito coincidente co do plan especial do contorno da Torre.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vistta do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de decembro de 1997.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

10525