Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 95

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración dun microbús de 19+1 prazas para a Escola Taller Forestal do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Formación e Emprego, Parque Móbil e Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 149/077.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración dun microbús de 19+1 prazas, de Vigo (Pontevedra).

Unidades que se entregarán: 1.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Plazo de entrega: determinarano os licitadores.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 11.000.000 de ptas.

5. Garantías. Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP de Pontevedra.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 4 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

10167