Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 97

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a dirección das obras incluídas no Plan 2000, 4ª fase.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da dirección das obras incluídas no Plan 2000, 4ª fase que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan:

ConcelloDenominación obraP. execuciónOrzamento

das obras que

se dirixiránOrzamento

honorariosG. definitiva

Cabana de BergantiñosPiscina municipal14 meses43.708.8131.416.16656.647
Cabana de BergantiñosReforma da Casa do Concello de Cabana de Bergantiños13 meses10.000.000 324.00012.960
FeneCasa da Cultura municipal, biblioteca e museo do humor13 meses53.055.6631.719.00368.760
FisterraRede de saneamento e abastecemento de auga en San Martiño de Arriba e Abaixo 3 meses21.070.572 682.68727.307
NarónPolideportivo cuberto13 meses70.000.0002.268.00090.720

2. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de oficina de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

4. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de decembro de 1997.

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

10515