Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/210-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado 1 o proxecto de (M-1) L.M.T.S. Huso-Piñón-Simago.

Situación: Ferrol (A Coruña).

Características técnicas: modificado o proxecto denominado L.M.T.S. Huso-Piñón-Simago (expediente 263/1996), consistente en: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al:

-De 195 m de lonxitude con orixe no C.T. Muralla (expediente 7306) e final no C.T. Almendra (expediente 26547).

-De 310 m de lonxitude entre C.T. Almendra e C.T. Sánchez Aguilera (expediente 30326).

-De 150 m de lonxitude entre C.T. Sánchez Aguilera e C.T. Dr. Fleming (expediente 51198). De 390 m de lonxitude entre C.T. Dr. Fleming e C.T. San Xulián (expediente 27131). Ferrol (A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10292