Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 638

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (429/1996).

Como secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ribeira, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de cognición 429/1996 se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. Ribeira, once de decembro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, os presentes autos de xuízo declarativo ordinario de cognición, seguidos co número 429/1996, por instancia de Mª del Carmen Pena Paz, no que foi demandado Mamás-Mamás, S.L., declarada en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, en nome de El-Rei, procédese a dicta-la seguinte resolución:

Decido que, estimando a demanda deducida por María del Carmen Pena Paz, debo condenar e con

deno á entidade Mamás-Mamás, S.L., a lle aboar á demandante a cantidade de setecentas cincuenta mil pesetas mailos xuros legais, e á imposición das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ós demandados declarados en rebeldía, na forma prevista nos artigos 282 e 283 da LAC, agás que a parte demandante, no prazo de cinco días, solicite a notificación persoal, ó abeiro do disposto no artigo 769.1º da dita lei.

Esta sentencia non e firme; contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, no termo de cinco días a partir da súa notificación ás partes.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal ó que me remito.

E para que así conste e lle sirva de notificación á entidade Mamás-Mamás, S.L., expido e asino a presente cédula en Ribeira o vintenove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

259