Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do E.D. do cuarteirón delimitado polas rúas Travesía de Vigo, Numancia e Dr. Canoa.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 30 de decembro de 1997, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do estudio de detalle do cuarteirón delimitado polas rúas Travesía de Vigo, Numancia e Dr. Canoa, conforme a documentación elaborada polo arquitecto Roberto Rodríguez Macías, consonte os informes e demais documentación que constan no expediente administrativo.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lie de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 19 de xaneiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo