Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-6-1997, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte

social, polo comité de empresa, o día 16-6-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Afectará a todo o persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro que preste servicios na empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., sita nas Gándaras de Budiño e dedicada á actividade de elaboración de granito, coa exclusión daqueles incluídos na alínea C), punto 3 do artículo 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Terá unha duración desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1998. A vixencia será a totalidade da súa duración.

Co fin de evita-lo baleiro normativo, denunciado o convenio e ata non se lograr acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata o asinamento do convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Procedemento de denuncia.

A denuncia propondo a revisión do presente convenio deberá ser presentada por calquera das partes deliberantes cunha anticipación mínima de 1 mes. Desta comunicación enviarase copia para efectos de rexistro á delegación provincial da Consellería de Relacións Laborais.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplen

te por cada unha das dúas representacións que tomaron parte na negociación do convenio. Unha e otra poderanse dotar de asesores.

Artigo 5º.-Axudas de custo.

As axudas de custo para o persoal obreiro partindo das establecidas para o ano 1996 (2.575 ptas. axuda completa, 1.030 ptas. media axuda) incrementaranse segundo as porcentaxes establecidas no artigo 6º do presente convenio, aplicándose os incrementos provisorios segundo o sistema establecido no segundo parágrafo do artigo 6º.

Artigo 6º.-Retribucións salariais.

Os conceptos retributivos fixados no convenio terán un incremento anual do IPC real de cada ano incrementado nun 0,75%, co límite máximo dun incremento do 3% para 1998.

Para o ano 1997, e en canto non se coñeza o IPC real, efectuarase un incremento do 2,5% sobre a táboa salarial de 1996, que se une como anexo I do presente convenio. Para 1998, e partindo da táboa salarial real o 31-12-1997, establecerase o incremento provisorio que se aplicará, en función das previsións do goberno sobre incremento do IPC para 1998.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Neste concepto aplicarase o establecido no convenio xeral da construcción.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias aboaranse sobre o salario pactado no convenio para cada categoría profesional, máis a antigüidade, se é o caso.

Estas serán as seguintes:

-Xullo, 30 días, pagadoira o día 15 de xullo.

-Nadal, 30 días, pagadoira o día 20 de decembro.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias adaptaranse á lexislación vixente e aboaranse de acordo coa táboa do anexo II desde a data do asinamento deste convenio.

Artigo 10º.-Plus de puntualidade e asistencia.

Establécese un plus de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio, de carácter mensual.

Ó plus vixente para 1996 (12.876 ptas.) aplicaránselle os incrementos establecidos no artigo 6º do presente convenio, aplicándose os incrementos provisorios segundo o sistema establecido no segundo parágrafo do artigo 6º.

A percepción do presente plus estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador no momento de comeza-la xornada laboral non estea no seu posto de traballo e ata un máximo de 15 minutos.

2. No suposto anterior, o traballador perderá o 5 por cento do plus de puntualidade e asistencia por cada un dos retrasos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 15 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada laboral perdéndose o 10 por cento do plus cada vez que se produza a dita falta.

4. A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 20 por cento do plus.

5. As licencias establecidas no presente convenio e Estatuto dos traballadores non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte, sexa cal for o medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, plus que se aboará por día de traballo efectivo.

Ó plus vixente para o ano 1996 (526 ptas./día) aplicaránselle os incrementos establecidos no Art. 6º do presente convenio, aplicándose os incrementos provisorios segundo o sistema establecido no segundo parágrafo do Art. 6º. As sumas percibidas por este concepto no terán a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computarán para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, tanto a xornada partida coma a continuada, e en cómputo anual realizaranse 1.764 horas, segundo o establecido no Art. 71 do convenio xeral da construcción.

No referente ós festivos non recuperables, aplicarase o establecido no convenio provincial de mármores e pedras.

Todo o persoal afectado polo presente convenio estará suxeito a quenda de mañá, tarde ou noite, tanto a xornada partida como continuada e permitirase a mobilidade dos postos dentro do centro de traballo.

Para as máquinas que requiren traballo continuado establecerase o número de quendas necesarias para cubri-los sete días da semana.

Desde o 1 de xullo ó 1 de setembro establecerase xornada continuada para o persoal técnico e administrativo, garantíndose mediante quendas a xornada partida cada un dos servicios administrativos da empresa.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

Na sección de teares establécese un sistema de organización do traballo consistente na definición

dos seguintes equipos de traballo:

a) Equipos flexibles: encargaranse dos labores necesarios desde que se descargue o tear ata o deixar novamente cargado. Asígnanse 3 equipos de 4 persoas cada un. Dos 4 operarios que compoñen cada equipo un descansa. Deste xeito, e mediante un sistema rotatorio de descansos, cada integrante do equipo ten garantidos 2 descansos fixos de 2 días cada 16 días, á parte dos que lle poidan corresponder en función das cadencias de carga e descarga dos teares.

b) Equipos normais: formados por un xefe de equipo e un axudante atenderán o correcto funcionamento dos teares. En quendas de mañá, tarde e noite e mediante un calendario de rotacións entre 5 equipos conséguese ter cuberto este servicio tódolos días do mes.

Establécese un plus de 33.000 pesetas para cada un dos integrantes dos equipos descritos nas alíneas a e b anteriores. Así mesmo, con efectos do 1 de xaneiro de 1998, establecerase como concepto retributivo un plus de calidade que afectaría os integrantes dos equipos anteriormente descritos. O dito plus configurarase en función de criterios negociados e pactados entre o comité de empresa e a dirección desta que, en todo caso, deberían quedar concretados antes do 15 de xaneiro de 1998.

Con efectos do 1 de xullo de 1997 os integrantes dos equipos normais denominados axudantes percibirán un complemento de posto de traballo equivalente á diferencia entre o seu salario e o establecido para a categoría de oficial de 3ª. Este complemento de posto de traballo será percibido polos operarios que atendan o novo tren de pulido.

Artigo 14º.-Promoción no traballo.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especial confianza serán de libre designación e revogación pola empresa.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 15º.-Cambio de xornada e quenda.

A empresa poderá, cando así o xustifiquen as necesidades de producción, asignar temporalmente cal

quera traballador a un posto de traballo distinto ó que vén desempeñando habitualmente, independentemente da xornada e quenda de traballo que o dito posto teña establecido, adaptándose ás xornadas e quendas que rixan na sección de destino. Estas asignacións serán rotativas e terán para cada traballador unha duración máxima de dous meses. Destas asignacións será informado o comité de empresa.

Artigo 16º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais retribuídas será de trinta días naturais, calculadas a salario base do convenio máis plus de asistencia e complemento de antigüidade, se é o caso.

Aboarase o importe das vacacións o día laborable anterior ó seu desfrute.

Artigo 17º.-Licencias.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito ás licencias establecidas no Estatuto dos traballadores, en canto sexan máis favorables para o traballador que as que aquí se establecen:

a) Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día natural.

Se se produce fóra da provincia: 2 días naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe (ou compañeira/o, se é o caso) pais ou fillos: 6 días naturais.

Fóra da provincial: 7 días.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Parto da esposa (ou compañeira, se é o caso): 6 días naturais.

f) Morte do cónxuxe (ou compañeira, se ó o caso): 4 días naturais.

g) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos: 2 días naturais.

h) Morte de irmáns políticos ou tíos: 1 día natural.

i) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais.

Fóra da provincia: 5 días.

En tódolos casos será con notificación á empresa e xustificación fidedigna.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle roupa de traballo ó persoal segundo se especifica para cada caso.

PezasCantidadeParque deMantementoResto

de roupabloques e tearespersoal

Fundas ou traxes1 4 meses 4 meses 6 meses

Camisa remeira112 meses12 meses12 meses

Botas1 6 meses 6 meses 6 meses

Artigo 19º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar do centro de seguridade e hixiene de Pontevedra (Rande), ou dunha mutua patronal, un recoñecemento anual para

os traballadores que presten os seus servicios nela, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose.

Artigo 20º.-Baixa hospitalaria.

En caso de baixa hospitalaria, a empresa complementaralles ós traballadores afectados a prestación económica por ILT que, por enfermidade común ou accidental non laboral, aboa a Seguridade Social, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización segundo detalle:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) No caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliarase a trinta (30) días máis.

c) Por ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de noventa (90) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

Artigo 21º.-ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

En caso de ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará a prestación económica que aboará a Seguridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización, a partir dos 20 días e ata un máximo de 120 días.

Artigo 22º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará unha póliza colectiva de accidentes de traballo para o seu persoal. A dita póliza garantirá como mínimo unha indemnización de:

-Caso de morte: 4.500.000.

-Invalidez total para traballo habitual: 4.500.000.

-Invalidez absoluta: 4.500.000.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Artigo 23º.-Lexislación aplicable.

En todo o non previsto neste convenio, aplicarase o disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción e demais normas xerais de aplicación.

Artigo 24º.-Partes asinantes.

O presente convenio é asinado por Francisco Carballo Meira, en representación da empresa e en representación dos traballadores do comité de empresa, formado por:

-Manuel Pérez Ferreira.

-Antonio Costas Iglesias.

-José A. Araujo Collazo.

Cláusula adicional.

Os atrasos acumulados desde o 1-1-1997 ata o 30 de xuño de 1997 aboaranse no mes de agosto.

O Porriño, 16 de xuño de 1997.

Táboa salarial ano 1996

Salario díaSalario mes

Técnicos medios.

Arquitectos e enxeñeiros técnicos173.714
Profesores mercantís e gradua-

dos sociais

173.714
Mestres industriais e A.T.S.158.021

Administrativos.

Xefe de 1ª173.714
Xefe de 2ª150.798
Oficial de 1ª128.293
Oficial de 2ª116.312
Auxiliar93.671
Aspirante59.193

Técnicos non titulados.

a) Persoal técnico non titulado.

Delineante superior150.798
Delineante de 1ª128.293
Delineante de 2ª116.312
Calcador93.671

b) Persoal técnico de organización.

Tec. de organización de 1ª128.293
Tec. de organización de 2ª116.312
Auxiliar de organización93.671

c) Persoal técnico de fabricación.

Encargado xeral170.018
Encargado de sección150.798
Contramestre133.059
Inspector de control118.275

Subalternos.

Ordenanza103.851
Porteiro103.851
Almaceneiro103.851
Garda xurado103.851
Muller limpeza2.532

Operarios.

Xefe de equipo4.201
Oficial de 1ª4.054
Oficial de 2ª3.899
Oficial de 3ª3.747
Especialista3.558
Peón2.532
Aprendiz ou pinche 16 anos1.772
Aprendiz ou pinche 17 anos1.772

Horas extras

NormalFestivo

Técnicos medios.

Mestros industriais e A.T.S.1.3741.450

Administrativos.

Xefe de 1ª1.4371.515
Xefe de 2ª1.2971.374

NormalFestivo

Oficial de 1ª1.2001.278
Oficial de 2ª1.1241.200
Auxiliar1.0601.137
Aspirante614670

Técnicos non titulados.

a) Persoal técnico non titulado.

Delineante superior1.2971.374
Delineante de 1ª1.2001.278
Delineante de 2ª1.1241.200
Calcador1.0601.137

b) Persoal técnico de organización.

Tec. de organización de 1ª1.2001.278
Tec. de organización de 2ª1.1241.200
Auxiliar de organización1.0601.137

c) Persoal técnico de fabricación.

Encargado de sección1.2981.375
Contramestre1.1751.252
Inspector de control1.1121.189

Subalternos.

Ordenanza1.0801.157
Porteiro1.0801.157
Almaceneiro1.0801.157
Garda xurado1.0801.157
Muller limpeza766894

Operarios.

Xefe de equipo1.1451.220
Oficial de 1ª1.1321.210
Oficial de 2ª1.1121.190
Oficial de 3ª1.0921.169
Especialista1.0861.163
Peón1.0801.156
Aprendiz ou pinche 16 anos576633
Aprendiz ou pinche 17 anos601658

605