Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DODRO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación de Dodro, en sesión celebrada o día vintenove de novembro de mil novecentos noventa e sete, prestou aprobación inicial ó plan xeral de ordenación municipal do Concello de Dodro, e na sesión do Pleno do día once de decembro de mil novecentos noventa e sete acordouse a suspensión do outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento que nas novas

determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente (artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia).

En cumprimento do establecido ábrese un prazo de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Dodro, 19 de decembro de 1997.

José Fernando Vila Brión

Alcalde

593