Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-297).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria con data do 14 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle de nove parcelas sitas na urbanización O Vieiro, no SUNP A-28, no Seixal-Nós, tramitado por Vivienda Confort Coruña, S.A. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición

pública do expediente polo prazo dun mes, que contará desde a última publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 9 de decembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

662