Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de licitación dunha subministración.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello do Porriño; Negociado Contratación.

b) Expediente II- 2/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Equipamento da gardería infantil de Torneiros.

b) O adxudicatario está obrigado a entrega-los bens no prazo dun mes.

3. Tramitación, procedemento e forma adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O prezo do contrato ascende a 5.500.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Domicilio: r/Antonio Palacios nº 1 C.P. 36400.

c) Teléfono: 33 13 01. Fax: 33 58 50.

d) Data límite de obtención de documentación e informe: día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño, de 9 a 13 horas, os días hábiles.

9. Apertura de ofertas.

Salón de actos do concello, ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo sinalado no apartado anterior.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Porriño, 19 de xaneiro de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

699