Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 859

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se indica.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 419/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: senda peonil anexa á biblioteca central do Campus Universitario de Vigo.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 49.985.205 pesetas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/Areal, 46-2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible:

Grupo G, subgrupo 3, categoría d.

Grupo B, subgrupo 2, categoría c.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/Areal, 46, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vigo, 21 de xaneiro de 1998.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía da Universidade de Vigo

708