Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (Iberplás, S.L.)

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (Iberplás, S.L.), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-12-1997, subscrito en representación da parte

económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 3-11-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta (convenio colectivo)

Pola empresa: Roberto García Abalde.

Polos traballadores: Montserrat Costoya Delgado.

En Vigo, ás 18 h do día 13 de novembro de 1997, reunidos nos locais da empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (Iberplás, S.L.), sita na rúa Valencia nº 11, baixo, en Vigo, os compoñentes da comisión negociadora que á marxe se relacionan acordan e asinan o presente acordo, para a subseguinte redacción e peche do citado convenio colectivo.

Ámbalas partes acordan que o acordo acadado afecta os seguintes artigos:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio comprende o centro de traballo da empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (Iberplás, S.L.), situada actualmente no concello de Vigo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio regulará as relacións laborais entre a empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, S.L. (Iberplás, S.L.) e tódolos traballadores que presten os seus servicios nela.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997.

Artigo 4º.-Prórroga.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, salvo que algunha das partes que o subscriben o denuncien cunha antelación mínima dun mes á extinción da súa vixencia ou algunha das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas cás establecidas no presente convenio, que individual ou colectivamente viñese desfrutando o persoal á entrada en vigor del, agás o aumento salarial voluntario que poderá ser absorbido cando se produza un cambio de categoría ou á terminación do contrato de aprendizaxe.

Artigo 6º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia ten o delegado de persoal, terá por funcións:

a) Vixencia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade de reclamación perante a xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lexislación vixente.

c) A comisión estará composta polo delegado de persoal e un representante da empresa. O representante da empresa será de libre elección desta.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

Do 1 de outubro ó 31 de marzo: de 9 a 13.30; de 16 a 19.30.

Do 1 de abril ó 30 de setembro: primeira quenda, de 7.30 a 14.30; segunda quenda, de 14.30 a 21.30; quenda de sábado, de 8.30 a 13.30.

Establécese dous días retribuídos pola empresa, en concepto de «pontes», só para o presente convenio do ano 1997: 2 de maio e 26 de decembro.

No horario de verán contabilizaranse 15 minutos de descanso como tempo efectivo de traballo e non recuperable, con excepción do sábado, durante a vixencia do presente convenio de 1997.

Artigo 9º.-Vacacións.

As vacacións serán desfrutadas 15 días no verán e 15 días no inverno.

Artigo 10º.-Licencias e permisos.

a) Matrimonio: 18 días.

b) Nacemento de fillo: 3 días, mínimo 2 días laborables.

c) Matrimonio de pais ou fillos: 1 día laborable.

d) Falecemento ou enfermidade do cónxuxe: 4 días, mínimo 3 días laborables.

e) Falecemento ou enfermidade grave de pais ou fillos: 3 días, mínimo 2 días laborables.

f) Falecemento ou enfermidade grave de pais políticos: 2 días, mínimo 1 día laborable.

g) Falecemento ou enfermidade grave de avós ou netos: 2 días.

h) Falecemento ou enfermidade grave de irmáns lexítimos ou políticos: 2 días naturais.

i) Falecemento ou enfermidade grave de tíos: 1 día laborable.

j) Traslado de domicilio: 1 día laborable.

Cando ocorra a máis de 150 km do domicilio ampliarase nun día, que será xustificado.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

Entregarase unha bata de verán do 15 ó 31 de marzo, e unha bata de inverno do 15 ó 31 de outubro cada 2 anos.

Se por calquera circunstancia as batas se deteriorasen, entregarase unha nova e deberá ser devolta a deteriorada.

Ó persoal contratado entregaránselle 2 batas ó inicio da súa relación laboral.

Artigo 12º.-Contratos eventuais de aprendizaxe e prácticas.

A) Contratos eventuais de aprendizaxe e prácticas.

A teor do disposto no artigo 15b do texto refundido do Estatuto dos traballadores e Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, ambos vixentes, este contrato poderá ter unha duración máxima de trece meses dentro dun período de dezaoito. No caso de que se concerte o contrato por un prazo inferior ós trece meses, poderá ser prorrogado mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

B) Contratos de aprendizaxe e prácticas.

Poderanse elaborar contratos de aprendizaxe e en prácticas polo tempo máximo permitido pola lei (2 anos).

Á súa finalización, o traballador afectado por este tipo de contratación percibirá unha indemnización

de 12 días por ano de servicio, sempre e cando o cesamento o decidise a empresa (esta cobrarase a partir dun ano na empresa).

No caso de que o traballador cesase voluntariamente non percibirá a citada indemnización.

Artigo 13º.-Traslado.

No suposto de que a empresa pretenda trasladarse de lugar, estará obrigada a comunicárllelo ós representantes dos traballadores, como mínimo, cun mes de antelación, informando do lugar onde se proxecta traslada-la factoría.

Artigo 14º.-Seguridade e hixiene.

A empresa deberá garanti-la seguridade e a saúde dos traballadores en tódolos aspectos relacionados co traballo.

O deber de prevención establecido anteriormente ten a consideración de deber laboral e supón, segundo o establecido nos artigos 4.2º d e o 19 do Estatuto dos traballadores e neste artigo, a existencia dun correlativo dereito dos traballadores a unha eficaz protección.

Conforme o establecido anteriormente, e no marco das súas responsabilidades, o empresario adoptará as medidas necesarias para a protección da seguridade e saúde dos traballadores, incluídas as actividades de prevención de riscos laborais, de formación e de información cuns medios necesarios.

Artigo 15º.-Clasificación profesional.

Os traballadores afectados polo presente convenio serán clasificados nas seguintes categorías profesionais:

-Persoal de fábrica.

Encargado.

Responsable de zona.

Oficial de 1ª.

Oficial de 2ª.

Oficial de 3ª.

Especialista.

Peón.

Aprendiz de 16 a 17 anos.

Aprendiz de 18 a 21 anos.

-Persoal administrativo.

Oficial administrativo 1ª.

Oficial administrativo 2ª.

Oficial administrativo 3ª.

Auxiliar administrativo.

TÍTULO II

Aspectos sociais

Artigo 16º.-Quilometraxe.

Daráselles un plus de quilometraxe a razón de 40 ptas./km a aqueles traballadores da empresa cando realicen algún servicio para ela cun vehículo particular, con excepción dos vendedores.

TÍTULO III

Conceptos económicos

Artigo 17º.-Plus de puntualidade e plus de asistencia.

En caso de incapacidade laboral e sempre que esta supere os 20 días, o traballador, cando se incorpore ó seu posto de traballo, percibirá a parte proporcional do plus de puntualidade e asistencia correspondente ós días traballados.

Artigo 18º.-Aumento salarial e táboas salariais.

No ano 1997 o incremento salarial supón un 2,5%, tanto nos salarios como no plus de puntualidade e asistencia.

Se o 31-12-1997 o aumento de prezos de consumo (IPC) fose superior ás previsións do Goberno, efectuarase a revisión salarial na diferencia entre a previsión gobernamental e o IPC oficial unha vez constatado este con carácter retroactivo desde o 1-1-1997 ata o 31-12-1997.

Artigo 19º.-Plus de antigüidade.

Cobraranse trienios sucesivos do 5% cada un sobre o salario base ata o máximo permitido pola lei.

Artigo 20º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaránselle dúas pagas de 30 días de salario máis antigüidade e retribución voluntaria, se é o caso, a todo o persoal.

A data límite será do 15 ó 30 de xullo para a de verán e do 15 ó 22 de decembro para a de inverno.

Aboarase outra paga de beneficios de 30 días para o ano 1997; a data de pagamento será do 15 ó 20 de marzo.

Artigo 21º.-Baixas de accidente.

En caso de incapacidade laboral derivada de accidente de traballo, a empresa aboaralle ó traballador afectado a diferencia existente entre o seu salario real e as prestacións que perciba da Seguridade Social desde o mesmo día de ocorrer aquela, sempre que o accidente se produza dentro da propia empresa.

TÍTULO IV

Conceptos legais

Artigo 22º.-Lexislación aplicable.

No que non está expresamente disposto neste convenio haberá que se ater ó que determine o Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións concordantes.

Artigo 23º.-Comisión negociadora.

Este convenio foi negociado entre a dirección da empresa, Roberto García Abalde e a traballadora Monserrat Costoya Delgado.

Táboa salarial para 1997

Categoría profesional

Salario

base

Plus

puntualidade

e asistencia

Total

Retribuc.

Responsable de fábrica112.361 4.526116.887

Responsable de zona (percibirá o 5% máis do salario que tivera na categoría profesional)

Oficial 1ª95.6884.20899.896

Oficial 2ª89.9534.09894.051

Oficial 3ª84.5113.99488.505

Especialista79.6613.90083.561

Peón74.4943.80878.302

Aprendiz 16-1785% S.M.I. idade3.340

Aprendiz 18-2185% S.M.I. idade3.340

Oficial administrativo 1ª96.6734.233100.906

Oficial administrativo 2ª92.9014.14297.043

Oficial administrativo 3ª86.7654.03690.801

Auxiliar administrativo82.2603.95186.211

518