Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:
Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 172/97-10, por instancia de Felicidad Castelain García, contra Eduardo Valles, e nas súas actuacións dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:
«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, 20 de novembro de mil novecentos noventa e sete. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas nº 172/1997, sobre insultos, no que foron partes, como denunciante, Felicidad Castelain García e, como denunciado, Eduardo Valles Romano.
Foi parte o Ministerio Fiscal.
Decido que debo absolver e absolvo libremente a Eduardo Valles Romano da falta pola que foi denunciado neste procedemento e decláranse de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.
Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación, na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste e lle sirva de notificación a Felicidad Castelain García, expido e asino en Santiago de Compostela o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.
Rubricado
543

