Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 133/1997).

Declarada urxente a instalación da liña eléctrica a 132 kV desde a subestación do parque eólico Bustelo á subestación do Tesouro (expediente 133/1997), para efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso por resolución da Dirección Xeral de Industria do 28 de novembro

de 1997, a prol da entidade Made Energías Renovables, S.A., con enderezo en Madrid, Paseo da Castellana, 95-planta 29ª.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen na relación anexa que o representante e o perito da Administración se constituirán o día 4 de marzo de 1998 nos predios números 4, 26, 32, 36, 39, 40, 42, 44, 45, 49 e 78, a partir das 11 horas, e o día 5 de marzo nos predios números 6, 60, 89, 90, 92, 95, 102, 103, 107 e 108 a partir das 11 horas, para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas da Casa Consistorial do Concello das Pontes as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e dereitos afectados por expropiación e servidumes.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen, e se así o consideran conveniente cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións no mesmo acto e aportar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, unicamente para os efectos de emendar posibles erros da relación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificacións; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 3 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO DE PREDIOS

Nº predioPropietarioDomicilioParaxeApoiosVoo
Nº apoioSuperficie

(M)

Superficie

(M)

4Mª de los Ángeles Lorenzo FerreiroPraza Xoán XXIII, Edif. Arealonga, P-4, 6º D

Vilagarcía (Pontevedra)

Coto e Morgallón31322.378
6Hros. de Manuel Ferreiro Castro

Rpte. Domingo Ferreiro Caaveiro

Brixeo, s/n

15326 As Pontes

Fraga dos Mouros634
26Manuel Dopico RodríguezNeira Vilas, 5-7, 1º B

15320 As Pontes

Alto da Garita27
32Hros. de Basilio Dopico Rodríguez

Rpte. Antonio Dopico López

Avda. Ferrol, portal 4 baixo Esq.

15320 As Pontes

O Bañal156
36Hros. de Vicente López Bouza

Rpte. Antonio Dopico López

Avda. Ferrol, portal 4-baixo Esq.

15320 As Pontes

Os Lagos1.967
39Manuela Corral PajónCelso Emilio Ferreiro, 30-32, 3º Esq.

15320 As Pontes

A Pecheira

dos Golpes

1.797

Nº predioPropietarioDomicilioParaxeApoiosVoo
Nº apoioSuperficie

(M)

Superficie

(M)

40Hros. de Vicente López Bouza

Rpte. Antonio Dopico López

Avda. Ferrol, portal 4-baixo Esq.

15320 As Pontes

A Pecheira

dos Golpes

40421.723
42Hros. de Vicente López Bouza

Rpte. Antonio Dopico López

Avda. Ferrol, portal 4-baixo Esq.

15320 As Pontes

Fonte do

Salgueiro

19
44Manuela Corral PajónCelso Emilio Ferreiro, 30-32, 3º Esq.

15320 As Pontes

Fonte do

Salgueiro

2.900
45Hros. de Vicente López Bouza

Rpte. Antonio Dopico López

Avda. Ferrol, portal 4-baixo Esq.

15320 As Pontes

Fonte do

Salgueiro

4146380
49Hros. de Vicente López Bouza

Rpte. Antonio Dopico López

Avda. Ferrol, portal 4-baixo Esq.

15320 As Pontes

A Revolta423
60Miguel Vilaboy CorralFray Pedro P. Piñeiro, 13

15009 A Coruña

O Campón993
78Hros. de Francisco Piñón

Rpte. Manuel Piñón Fernández

Calvela-Somede

15326 As Pontes

Su Coto1.642
89Hros. de Dolores Paz

Rpte. José Caaveiro Paz

Río Porto, 10-12, 3º dereita

15404 Ferrol

Albariza630
90

parte

José Vázquez SuárezUrban. Los Sauces

15621 Cabañas

Albariza989
92

parte

José Vázquez SuárezUrban. Los Sauces

15621 Cabañas

Albariza560
95Hros. de Dolores Paz

Rpte. José Caaveiro Paz

Río Porto, 10-12, 3º dereita

15404 Ferrol

Ponte Nova49382.896
102Hros. de Dolores Paz

Rpte. José Caaveiro Paz

Río Porto, 10-12, 3º dereita

15404 Ferrol

Croa51263.495
103Hros. de Dolores Paz

Rpte. José Caaveiro Paz

Río Porto, 10-12, 3º dereita

15404 Ferrol

Croa376
107José Vázquez SuárezUrbanización Los Sauces, s/n

15621 Cabañas

Cabeceira53,54

55,56

14819.800
108José Vázquez SuárezUrbanización Los Sauces, s/n

15621 Cabañas

Cabeceira320