Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.531

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL COMARCAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ACORDO do 21 de xaneiro de 1998 polo que se anuncia a convocatoria das probas de selección de persoal facultativo especialista.

en uso das atribucións establecidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, (DOG nº 227, do 20 de novembro) e no artigo 11 g) dos estatutos da fundación (Decreto 229/1997, do 25 de agosto; DOG 165, do 28 de agosto), o padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira acordou a aprobación do cadro de persoal do seu centro, así como a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, con respecto ós principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da devandita lei.

Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección do seu persoal, de acordo coas seguintes bases:

Categorías convocadasNº de prazas

Facultativo especialista en C. Xeral (Ref. C.Xe).3
Facultativo especialista en Xinecoloxía-Obstetricia

(Ref.Xi/Ob)

3

Categorías convocadasNº de prazas

Facultativo especialista en M. Interna (Ref.M.I.)4
Facultativo especialista en Traumatoloxía (Ref.Trau.)3
Facultativo especialista en Oftalmoloxía (Ref.Oft.)1
Facultativo especialista en Dermatoloxía (Ref.Der.)1
Facultativo especialista en Anestesia (Ref.Ane.)4
Facultativo especialista en Radioloxía (Ref.Rad.)2
Facultativo especialista en Pediatría (Ref.Ped.)2
Farmacéutico (Ref.Far.)1
Analista laboratorio (Ref.Lab.)1

Titulación: a que correponda, via MIR ou vía FIR.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no Real decreto-lei 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores.

Procedemento de selección: consistirá, para tódolos postos, nunha pobra que será eliminatoria, sobre un suposto clínico correspondente á especialidade de cada categoría. Ós candidatos que superen a proba faráselles unha valoración dos méritos, segundo o baremo que se estableza, relativos á formación e á experiencia.

Articularase, por un lado a través da baremación do currículum vitae e, por outro, coa realización dunha entrevista a cada un dos aspirantes, cunha ponderación da valoración global do 45% e 55% respectivamente.

A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro), efectuarase por unha comisión designada para o efecto.

Puntuación final e aspirantes seleccionados: coa suma das puntuacións outorgadas nos dous apartados anteriores, currículum vitae e entrevista, confeccionarase o listado final por orde de puntuación alcanzada por cada aspirante, resultando definitivamente seleccionados igual número de aspirantes có de prazas convocadas en cada categoría. Se se considera que os candidatos en algunha das prazas non reúnen os requisitos mínimos, declararase deserta a convocatoria.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes, desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro.

Solicitude de participación: deberase enviar un currículum vitae detallado (xustificando documentalmente os méritos alegados) ó apartado de correos nº 2341 da Coruña, no prazo improrrogable de 20 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, indicando no sobre a referencia correspondente, logo de aboamento da cantidade de 2.000 ptas., do que se adxuntará xustificante de pagamento, en concepto de dereitos de exame, que se aboará na conta do BBV nº 0182-5947-11-001011112/4.

Teléfono de información: (981) 70 60 10.

Incorporación: a formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados producirase de forma sucesiva e gradual, segundo as necesidades de posta en funcionamento dos servicios do hospital.

Cee, 21 de xaneiro de 1998.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Hospital

Virxe da Xunqueira