Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díaz, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Montixo Teixeira (Láncara).
Situación: Láncara.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea de 20 kV en apoios de formigón e conductor LA-56/24.6 mm de 0,432 km de lonxitude. Un centro de transformación aéreo de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión a 380/220 V en R.Z. -0.6/1 kV de 0.96 km de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 21 de xaneiro de 1998.
Jesús Bendaña Súarez
Delegado provincial de Lugo