Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude do permiso de investigación Granitos Bazar, nos concellos de Pontevedra, Barro e Moraña, por parte de Ramón Maquieira García.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Ramón Maquieira García, con domicilio en Cancela, Portela, Barro, presentou nesta delegación provincial, o día 19 de maio de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Granitos Bazar, de 15 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección c), que se sitúa nos termos municipais de Pontevedra, Barro e Moraña, da provinccia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2768, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 36' 00''42º 31' 40''

Vértice 28º 36' 00''42º 30' 40''

Vértice 38º 37' 40''42º 30' 40''

Vértice 48º 37' 40''42º 31' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra