Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 1998 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

O concello, en sesión plenaria celebrada o día 23 de xaneiro de 1998, co quórum do artigo 47.3.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o III proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Vila de Cruces, nos termos en que foi aprobado inicialmente en sesión plenaria do 20 de maio de 1997.

O que se fai público para xeral coñecemento a teor do preceptuado na Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Vila de Cruces, 26 de xaneiro de 1998.

Jesús Otero Varela

Alcalde-presidente