O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 18 de decembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o plan parcial relativo ó sector S.U.N.P. D-15-R, en Romardeiro, Liáns, tramitado por Irco, S.A. e Outros. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.
Oleiros, 29 de xaneiro de 1998.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

