Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 22-1-1998, o prego de cláusulas administrativas particulares que debe rexe-la poxa pública, por procedemento restrinxido e tramitación urxente, convocada para o alleamento de bens inmobles patrimoniais, exponse ó público durante o prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e no BOP para que poidan presentarse reclamacións; simultaneamente anúnciase un prazo de sete días para a recepción de solicitudes de participación, se ben a licitación se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.
Obxecto: a venta de oito parcelas de uso industrial e comercial incluídas na área industrial de Vilar de Santos, coas seguintes características:
Parcela nºSuperficie (m)
1a2.335
1b2.335
2947
3947
41.325
5a4.836
5b4.836
6500
Tipo de licitación: oitocentas vintecinco (825) ptas./m.
Fianzas: definitiva, 4% do importe de licitación por parcela.
Exposición ó público: o prego de condicións poderase consultar na secretaría do concello de luns a venres de 9 a 14 horas.
Presentación de proposicións: durante os sete días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no DOG e no BOP, de luns a venres, de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello (rúa Celanova, 77; fax número 988-46 58 63). O prazo empezará a contar desde o día de aparición do presente anuncio no último dos boletíns antes mencionados.
Solicitudes de participación: axustaranse ó modelo que se inclúe no presente anuncio e deberán conte-la seguinte documentación:
1. DNI en fotocopia compulsada.
2. Escritura de poder bastanteada cando se actúe por representación.
3. Escritura de constitución da sociedade mercantil e NIF de se-lo caso.
4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no artigo 20 LCAP.
5. Certificación de estar ó corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
6. Alta no IAE, de se-lo caso.
7. Declaración responsable comprometéndose á instalación da industria ou comercio que se describa na solicitude e a levar a cabo as actuacións precisas que dependan directamente do licitador, para que o/s devandito/s establecemento/s poida/n abrirse ó público durante o ano 1998.
Apertura de solicitudes: terá lugar no seguinte día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación de solicitudes. A mesa de contratación comprobará a personalidade e demais requisitos dos solicitantes e proporá ó alcalde os seleccionados.
O alcalde enviaralles invitación ós seleccionados na que se indicará o prazo de presentación (non inferior a 13 días naturais), o día e a hora de apertura.
Proposicións económicas: presentaranse igualmente no rexistro xeral do concello de 9 a 14 horas.
Modelo de solicitude de participación:
Don/Dona... maior de idade, veciño de..., con domicilio en..., con DNI nº..., en nome propio/en representación de..., (segundo se acredita coa escritura de poder debidamente bastanteada que xunta á documentación que presenta) informado da convocatoria por procedemento restrinxido para participar nunha poxa pública para o alleamento das parcelas da área industrial do concello de Vilar de Santos, solicita:
Participar no devandito procedemento, comprometéndose a formular proposición económica no prazo que se sinale, para a adquisición da/s parcela/s número/s... (segundo numeración establecida na cláusula 1ª) para a instalación da seguinte/s actividade/s industrial/is ou comercial/is:
Lugar, data e sinatura.
Modelo de proposición económica.
Don/Dona... maior de idade, veciño de..., con domicilio en..., con DNI nº... expedido en..., en nome propio/en representación de... (segundo se acredita coa escritura de poder debidamente bastanteada, que xa consta no concello) invitado a participar na poxa pública convocada por procedemento restrinxido, comprométese a adquiri-la/s parcela/s número/s... obxecto da poxa, polo prazo de... (en letra e nº) ptas./m, para a instalación da/s actividade/s industrial/is ou comercial/is que se describe/n a seguir, todo iso de acordo co prego de cláusulas administrativas que acepto integramente:...
Lugar, data e sinatura.
Vilar de Santos, 28 de xaneiro de 1998.
Xosé Ramón Jardón da Cal
Alcalde

