De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:
No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositado o día 2 de febreiro de 1998 acta da reunión da xunta de goberno da Asociación Monte Industria, expedida polo secretario xeral, Javier Viña González, na que se fai consta-lo acordo acadado
por unanimidade pola xunta de goberno, na reunión celebrada en Santiago de Compostela o día 9 de novembro de 1997, e que consiste na disolución da devandita asociación.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais

