De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-076/1996 por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir desta notificación.
Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388), Santiago de Compostela.
Expediente: 15-076/1996.
Inculpado: Marleny Abril Pérez.
Domicilio: Ponferrada, 11-2º, Santiago de Compostela.
Sanción e motivos: 50.000 ptas. Falta de autorización para liquidación e obstaculización ó labor inspector.
Data da resolución: 25-11-1997.
A Coruña, 9 de febreiro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

