Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/17-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Gándara-San Xurxo.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 635 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio da L.M.T. ó C.T. Portiño, remantando no C.T. que se proxecta en Gándara-San Xurxo, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea de 308 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra