Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización do programa nacional de investigación de residuos en animais vivos (PNIR) e diagnóstico de laboratorio.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto e polo trámite de urxencia:

Obxecto: contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización do programa nacional de investigación de residuos en animais vivos (PNIR) e diagnóstico de laboratorio, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

Orzamento de licitación: vintedous millóns seiscentas oitenta e catro mil pesetas (22.684.000 ptas.).

A forma de licitación será por lotes.

Garantía provisional:

Lotes 1 e 2: sesenta e oito mil catrocentas oitenta pesetas.

Lotes 3, 4, 5 e 6: setenta e nove mil cento oitenta pesetas (79.180 ptas.).

Garantía definitiva: 4% do orzamento do lote adxudicado.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Presentación de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 18 de marzo de 1998.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria