Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de inciación do procedemento sanciondor de pesca fluvial 97/0203.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba o Regulamento de ordenanción da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e MAN desta consellería, segundo o artigo 40 da Lei 7/1992 de pesca fluvial en concordancia co artigo 101 do seu regulamento.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere conveniente en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizado que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 26 de febreiro de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-97/0203.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: José Corral López. 76.516.838. Ronda Nelle, 120-3º I, A Coruña.

Feitos denunciados: pescar utilizando artefactos de uso prohibido (goxa).

Tipificación Lei de pesca, artigo: 35.5º en concordancia co 92.5º.

Tipificación Lei de pesca, cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.0001 multa. Inhab. 1 ano e 1 día.