Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Genoveva Sara Fernández Pérez, co último enderezo coñecido en Piñeira, 15, Santo Estevo de Baralla (Lugo), da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de duascentas trinta e nove mil trinta e cinco (239.935) ptas. en concepto de cobro indebido de axuda do fondo de asistencia social de Galicia, segundo expediente remitido pola Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

-Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos