Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/19-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

-Denominación: L.M.T. Celaguantes-Barra de Miño.

-Situación: Coles e A Peroxa.

-Descricións técnicas: liña de media tensión Celaguantes-Barra de Miño, de 4.680 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 24 da L.M.T. Os Peares-Vilamarín e remata no apoio proxectado nº 36 da L.M.T. Celaguantes-Barra de Miño. Liña de media tensión de 862 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 48 da L.M.T. existente Vilarchao-Barra de Miño e remata no apoio nº 7 da L.M.T. Barra de Miño. Liña de media tensión de 812 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. Levices-Barra de Miño e remata no apoio nº 75 da L.M.T. dobre circuíto Velle-Os Peares. Todas estas liñas a 20 kV, en conductores LA-56 e sobre apoios de formigón ou metálicos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense