Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Parada-Vilouxe.
-Situación: Nogueira de Ramuín.
-Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, de 695 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, con orixe no apoio nº 69 da L.M.T. a Cerreda e remata no C.T. de Parada, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de media tensión aérea a 20 kV, de 98 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, con orixe no apoio nº 51 da L.M.T. Cerreda e remata no C.T. de Vilouxe, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión de Parada e Vilouxe en conductores R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 30 de xaneiro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense