Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación Perico número 2758.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 16 de xaneiro de 1998 se outorgou o permiso de investigación Perico número 2758, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Pontevedra e Poio da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 11 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra