Vista a solicitude presentada por Manuel Casal Salom en representación de Centro de Estudios El Arco e a documentación anexa, na que solicita lle sexa concedida a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I ó IG-IV.
Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).
Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Outorgarlle a Centro de Estudios El Arco a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, na provincia de Pontevedra.
Para imparti-los cursos presentará perante a delegación provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.
Para efectos estatísticos e de control presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.
Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1998.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria