Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 11 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación dos expedientes sancionadores de epizootias LU-242/1997 e LU-338/1997, devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publi

cación desta cédula, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 11 de febreiro de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-242/1997.

Denunciado: Albino Melchor Oseira.

DNI: 76.527.330.

Último enderezo coñecido: Vila, Abadín (Lugo).

Feito denunciado: encontrarse o día 16 de agosto de 1997 no recinto feiral de Gontán-Abadín, con 2 animais equinos e carecer da reseña.

Precepto infrinxido: artigo 7 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240, do 15 de decembro).

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Expediente: LU-338/1997.

Denunciada: Mª Teresa Campo Pérez.

DNI: 33.812.430.

Último enderezo coñecido: rúa Río Ser, 34-4º, Lugo.

Feito denunciado: encontrarse o día 5 de novembro de 1997, no recinto feiral de Castro de Ribeiras de Lea, con 6 animais porcinos e carecer da guía de orixe e sanidade pecuaria que os ampare.

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: do 20 ó 30 por 100 do valor da res.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.