Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 3 de febreiro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se require a declaración anual ó beneficiario de pensión non contributiva da Seguridade Social, relacionada no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29-6-1994), e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 24-11-1992), ó ser devolta polo servicio de correos a petición enviada no seu día, requírese ó citado no anexo para que no prazo de 15 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, presente, persoalmente ou acompañada da correspondente fe de vida, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal, 7-9) a declaración anual esixida polo artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo). De non presentala no prazo indicado, e en virtude do disposto no devandito artigo, procederase á suspensión cautelar do pagamento da pensión.

A Coruña, 3 de febreiro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

SOLICITANTEDNINº EXPTE.

LORENZO FAJARDO, RAMÓN10.750.2253706/I/91