Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 3 de febreiro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29-6-1994), e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21-3-1991), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992), requírese ós abaixo citados para que no prazo de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal, 7-9) para teren coñecemento do trámite ou

documentación que teñen que achegar ó expediente. De non compareceren no prazo indicado, ou se dentro dos 10 días seguintes ó da comparecencia non aportasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 92 da Lei 30/1992, paralizarase o expediene e transcorridos tres meses producirase a súa caducidade con arquivo das actuacións practicadas.

A Coruña, 3 de febreiro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

SOLICITANTEDNINº EXPTE.

BARRUL ROMERO, JUAN ANTONIO10.028.3082387/I/97
BASICH ASENSI, ENCARNACIÓN32.429.4701971/I/97
DÁVILA GONZÁLEZ, MARÍA33.106.9401504/J/97
IGLESIAS CASAL, PURIFICACIÓN32.104.1741540/J/97
LORENZO SUÁREZ, JOSEFINA76.353.4721522/J/97
MEL GARCÍA, RAMÓN32.800.2502325/I/97
OTERO REY, LUIS32.107.6451739/J/97
PRADA GIMÉNEZ, ANTONIO MANUEL32.549.9361773/J/97
REY SÁNCHEZ, DANIEL FRANCISCO33.119.3792185/I/97
SEIJO GARCÍA, ALFONSO33.219.5042013/I/97
SORDO BOUZÓN, MARCELINA32.583.2241879/I/97
VIDAL SUÁREZ, MANUELA33.112.2861603/J/97