Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, mediante expediente anticipado de gasto polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da reforma da 6ª planta para unidade de coidados intensivos cardiolóxicos no Hospital Juan Canalejo da Coruña.

-Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

-Obra: reforma da 6ª planta para unidade de coidados intensivos cardiolóxicos no Hospital Juan Canalejo da Coruña.

-Orzamento da contrata: 5.747.604 ptas.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por este a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contarto.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1998.

P.D. (Decreto 64/1996, do 15 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos