Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, mediante expediente anticipado de gasto polo sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de remodelación do soto, planta baixa e primeira do Ambulatorio Fontenla/Maristany de Ferrol (A Coruña).

-Obra: remodelación do soto, planta baixa e primeira do Ambulatorio Fontenla/Maristany de Ferrol (A Coruña).

-Orzamento da contrata: 197.855.698 ptas.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

-Garantía definitiva: 7.914.228 ptas.

-Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1998.

P.D. (Decreto 64/1996, do 15 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos