Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación municipal, en sesión celebrada o día 20 de xaneiro de 1998, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Carballo, no ámbito da zona G. do polígono industrial e comercial de Bertoa.

O dito acordo ponlle fin á vía administrativa, e contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG ou no BOP, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Carballo, 22 de xaneiro de 1998.

Manuel Varela Rey

Alcalde