Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU na urbanización de Monteporreiro con destino a recualificación das parcelas R1, R2 e CC-SUR en execución do convenio urbanístico subscrito con data do 26-6-1997.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o pasado día vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na urbanización de Monteporreiro, con destino á recualificación das parcelas R1, R2 e CC-SUR, en execución do convenio urbanístico subscrito polo alcalde con data do 26-6-1997, sendo formulado ese documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión de Disciplina Urbanística, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral