Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/177-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estrada de Lameiro-Sárdoma.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 520 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña 64.09 Sárdoma-Alcampo, alimentando en bucle ó C.T. proxectado, rematando na liña 64.09 Sárdoma-Alcampo, á altura do cruzamento da N-120 coa estrada de Lameiro-concello de Vigo. C.T., de 630 kV, relación de transformación 15.000/380-220 V. R.B.T., subterránea, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 6 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra