A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.
c) Número de expediente:
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: realización do servicio de limpeza.
b) División por lotes e número: segundo prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de execución: Casa da Xuventude de Pontedeume.
d) Prazo de execución: desde o 1 de abril ata o 31 de decembro de 1998, ámbolos dous incluídos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 656.380 ptas.
5. Garantías:
a) Provisional: 2% do orzamento (excepto que acrediten a clasificación correspondente).
b) Definitiva: 4% do orzamento.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º
c) Localidade: A Coruña 15006.
d) Teléfono: 18 57 00.
e) Telefax: 18 57 02.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos:
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promación do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no Art.100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:
e) Admisión de variantes:
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º
c) Localidade: A Coruña.
d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.
e) Hora: 11.
10. Outras informacións:
11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 27 de febreiro de 1998.
Mª Rosa Gómez Díaz
Delegada provincial da Coruña