En cumprimento da normativa vixente e do que determinan os estatutos e o Regulamento do sistema de designación dos órganos de goberno de Caixavigo, faise público o acordo do Consello de Administración da entidade de inicia-lo proceso de renovación parcial dos seus órganos de goberno. Para tal efecto comunícaselles ós seus impositores:
1. Sorteo. O vindeiro 27 de abril, ás 12 horas, celebrarase na sala de conferencias do Centro Cultural Caixavigo, na rúa Policarpo Sanz, 13, desta cidade de Vigo, sorteo perante notario, único para tódalas circunscricións electorais, para a designación de 520 compromisarios e 520 suplentes. Unha vez realizado o proceso que establece o regulamento, os compromisarios nominados elixirán, de entre eles, na data que se anunciará oportunamento, os 52 conselleiros xerais que, en representación dos impositores, serán membros da asemblea xeral de Caixavigo.
O acto do sorteo será público para os impositores da caixa, circunstancia que deberán acreditar para o seu acceso á sala.
2. Listas de impositores. Durante o período comprendido entre o 13 e o 27 de marzo actual, ámbolos dous inclusive, atoparanse expostas nas sucursais de Caixavigo que cumpren os requisitos para a elección de compromisarios, en representación dos impositores, as listas de contas, clasificadas unicamente polo seu número e clase, que reúnan as condicións de pertencer a persoas físicas, con residencia habitual na zona de actuación da caixa, maiores de idade, non incapacitadas, cunha antigüidade superior a dous anos e cun saldo nos últimos seis meses que non sexa inferior ás 74.000 pesetas.
3. Titularidade múltiple ou dividida. Nos supostos de titularidade múltiple ou dividida dos depósitos considerarase como único impositor, para os efectos do sorteo, o titular idóneo que figure no primeiro lugar, a menos que os titulares designen entre si a outro deles no prazo de exposición das listas.
4. Titulares de varias contas. Quen fose titular de máis dunha conta, nunha ou varias sucursais da caixa, deberán sinalar, durante o período antes mencionado, aquela lista na cal desexan figurar. De non facelo así, considerarase a conta de maior saldo medio nos últimos 6 meses.
5. Reclamacións. Aqueles impositores dos que o número de conta non apareza nas listas e se consideren con dereito a isto, por cumpriren os requi
sitos esixidos, poderán efectuar reclamacións a estas ata o día 27 de marzo de 1998, por medio de escrito dirixido á comisión electoral, que presentarán naquela oficina onde se atope a lista na que observaron a deficiencia ou na sede central, achegando necesariamente a xustificación documental axeitada agás que se designen de xeito concreto os elementos de proba a estes se atopen en poder da propia caixa.
6. Notificacións. As listas definitivas resultantes das rectificacións ás que, se é o caso, houbese lugar, quedarán expostas nos mesmos locais indicados durante os días hábiles comprendidos entre o 13 e o 24 de abril, ámbolos dous inclusive, tendo esta exposición o carácter de notificación ós interesados para tódolos efectos segundo determina o regulamento.
7. Cambios de domicilio. Advírtese a todos aqueles titulares que mudasen de domicilio sen terllo comunicado á caixa, que fagan no prazo de exposición das listas nas oficinas onde manteñan a conta co fin de que, no caso de resultar nomeados compromisarios, se lles poida efectua-la correspondente notificación persoal.
Vigo, 13 de marzo de 1998.
Ramón Cornejo Molís
Presidente

