Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Federación de Entidades Empresariales del Comercio de la Provincia de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediacion, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, ás 11 horas do día 23 de febreiro, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Federación de Entidades Empresariales

del Comercio de la Provincia de A Coruña, á súa modificación consiste nos artigos 2, 6.4º, 7, 21, 24 supresión do 28 e corrección numérica correlativa do articulado.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Ángel Torres González (presidente e Belén Chaver Rey (secretaria).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 23 de febreiro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

1860