Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998 pola que se anuncia o concurso público 2/1998, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de equipos de edición non lineal de vídeo para o rectorado da Universidade da Coruña. (Expediente 1005/1998).

Convócase concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de equipos de edición non lineal de vídeo para o rectorado da Universidade da Coruña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa

Mestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Mestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.).

Garantía provisional: oitenta mil pesetas (80.000 ptas.).

A Coruña, 6 de marzo de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

2337