Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a impresión e encadernación da xurisprudencia social e contencioso-administrativa do T.S.X. de Galicia para a Facultade de Dereito (departamento de Dereito Público Especial).
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de traballo de consultoría e asistencia por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Mestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Mestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: dezasete millóns de pesetas (17.000.000 de ptas.)
Garantía provisional: trescentas corenta mil pesetas (340.000 ptas.).
A Coruña, 6 de marzo de 1998.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente da Universidade da Coruña
2340

